Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura
Portada » Temas » Cultura
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 12 xullo 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1430982&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20ma%C3%B1as%2C%20pedrohttp://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Apestoso tío Muffin" de Pedro Mañas. Editado por Anaya.
O protagonista desta historia chámase Montgomery Muffin e ten unha estraña cualidade: a capacidade de atraer a porcallada. Por raro que poida parecer é unha persoa extremadamente limpa e aseada. Cada mañán, Muffin enchía a súa antiga bañeira con litros e litros de auga fervente e burbullas e se sometía a unha exhaustiva limpeza  pero ao chegar ao traballo xa estaba cheo de sucidade e apestaba a peixe podre. Isto motivou que Muffin estivese sempre só e aburrido. Ata que aparece Emma, unha rapaza que di ser a súa sobriña e porta unha nota na que a súa nai lle encarga que a coide por uns días. Emma é unha nena chea de vida e de imaxinación. Chegan a conxeniar tan ben que as cousas empezan a mellorar para Muffin.

- Mozas-os e adultas-os:
"Lydie" guión de Zidrou e debuxos de Jordi Lafebre. En Norma Editorial.https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1305847
Zidrou trasládanos a un lugar ficticio que leva por alcume “a rúa do bebé con bigote". Alí vive Camille, xunto co seu pai. Una rapaza máis bonita que intelixente (xa que parece ter certo retraso) e que se atopa na recta final do seu embarazo. Por desgraza, o bebé de Camille nace morto, ía ser unha nena e se ía chamar Lydie. Aos poucos días do triste acontecemento, Camille chama eufórica ao seu pai dicindo que a pequena Lydie está alí, no seu berce, que baixou do ceo ao ver a tristura das súas vidas. O pai pensa que finalmente Camille perdeu a cabeza pola dor da morte do seu bebé e decide seguirlle a corrente. Que dano lle pode facer se ela é feliz crendo que a súa filla volveu á vida? A partir dese momento, todos os personaxes se unen nunha mentira para facer feliz a Camille.
Unha obra moi recomendable para quen goce das historias que orixinan emocións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza