Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

Oleiros en Forma. Programa Municipal de exercicio físico para a saúde.

Oleiros en Forma folla de inscrición e información     OLEIROS EN FORMA é un progama que pretende axudar a todos aqueles veciños e veciñas de Oleiros maiores de 18 anos, que...

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS OBRADOIROS OCUPACIONAIS 2018

 Pode consultar a listaxe de persoas admitidas para realizar os Obradoiros do programa "Actividades ocupacionais de Servizos Sociais" durante o período de outubro a decembro de...

ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

A partir da próxima semana reinicianse as distintas actividades que desenvolve o Concello de Oleiros no marco do Plan de Igualdade. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente son tres as actividades que contan con algunha praza vacante para as que se abre o prazo de inscrición: ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. Empeza o luns, 10 de setembro no Centro Cultural A Fábrica. ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 12 de setembro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "LUCES, CÁMARA… ACCIÓN!": un obradoiro, dirixido tanto a mulleres comoa homes, no que se exploran as emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Reiniciase o venres, 14 de setembro, no Centro Cultural A Fábrica. Todas estas actividades están alineadas coa búsqueda permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combinanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas. As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

A FABRICA ACOLLERÁ O VENRES 2 DE MARZO A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2018

Todas as persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros están invitadas a acudir á presentación do Programa Ven e Descubre 2018, o próximo venres, 2 de marzo, ás 18:30 h, no auditorio do Centro Sociocultural A Fábrica en Santa Cristina Este programa, con mais de 20 anos de funcionamento, engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Cada ano todas as excursións e rutas de sendeirismo xiran arredor dunha temática común. Nesta presentación poderán coñecer de primeira man os distintos destinos e os nexos que hai entre os distintos lugares que visitaremos. Un programa de calidade no que o divertimento vai acompañado da aprendizaxe, da cultura e da historia, a través dunhas viaxes aos puntos mais fermosos de Galicia. Posteriormente a esta presentación distribuiranse por todos os edificios municpais, casas do pobo… os folletos informativos da actividade. Se queres saber mais non quedes na casa e vai o próximo venres 2 de marzo á presentación de Ven e Descubre.

O LUNS 22 ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO DE OLEIROS

XXXIV edición da Festa do Entroido en Oleiros Polideportiva de Santa Cruz Venres, 16 de febreiro, a partir das 19:00 h O vindeiro luns 22 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces do Entroido en Oleiros. A festa que será o venres 16 de febreiro, despois do Martes de Entroido e xusto o día anterior ao Sábado de Piñata, é un clásico nas festas da comarca nestas datas con numerosa participación de xente. Cerca de 4.000 € en premios para repartir entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Este ano as parellas competirán na categoría de individuais, xa que son poucas e adoitan a ter unha temática común, polo que decidiuse englobalas nesta categoría en vez da de grupos para que teñan maiores oportunidades. ¿

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza