NOVASXimnasia Obradoiros de memoria Excursionismo Sendeirismo Romaría das Merendiñas DESTACADOS « Atrás CONCEDIDOS 15.000 ¿ EN PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACION PARA O CURSO 2018/2019Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social desenvoltas pola concellería de Servizos Sociais de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. As cuantías para cada unha das etapas son as seguintes:
- 2º ciclo de educación infantil: 70 € - Educación primaria: 80 € - ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € - Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €
O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, diccionarios, libros…) Estas prestacións son compatibles coas axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas solo a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en edad escolar. LISTAXES PRESTACIÓN DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN 2018/2019 |
|