Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

Ioga e relaxación

A idade non é un obstáculo para a práctica do ioga e doutros exercicios de relaxación que convén considerar en certas etapas da vida. Preparación corporal, exercicios respiratorios, expresión corporal, canalización da enerxía... todas son vantaxes para o corpo e a mente.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"...

Obradoiro de memoria

Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.

A FABRICA ACOLLERÁ O VENRES 2 DE MARZO A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2018

Todas as persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros están invitadas a acudir á presentación do Programa Ven e Descubre 2018, o próximo venres, 2 de marzo, ás 18:30 h, no auditorio do Centro Sociocultural A Fábrica en Santa Cristina Este programa, con mais de 20 anos de funcionamento, engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Cada ano todas as excursións e rutas de sendeirismo xiran arredor dunha temática común. Nesta presentación poderán coñecer de primeira man os distintos destinos e os nexos que hai entre os distintos lugares que visitaremos. Un programa de calidade no que o divertimento vai acompañado da aprendizaxe, da cultura e da historia, a través dunhas viaxes aos puntos mais fermosos de Galicia. Posteriormente a esta presentación distribuiranse por todos os edificios municpais, casas do pobo… os folletos informativos da actividade. Se queres saber mais non quedes na casa e vai o próximo venres 2 de marzo á presentación de Ven e Descubre.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza