Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

Piscinas Municipais

Información horarios Verán 2017   Actividades dirixidas Xullo 2017   Piscinas Municipais   Prezos Públicos Piscinas    Información...

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS PRESTACIONS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017/2018 DO CONCELLO DE OLEIROS

No BOP do día de hoxe saen publicadas as bases e a convocatoria das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018 do Concello de Oleiros. O prazo de solicitude abrese dende mañán ata o día 12 de xuño inclusive. Estas axudas son unha das medidas pola inclusión social que ten recollidas no seu regulamento a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. Teñen como fin apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que xenera o inicio do curso escolar nunha familia. Son compatibles con outras axudas similares que poda haber doutras administracións. Para este curso 2017/2018 increméntanse as cuantías das axudas así como o límite para acceder a elas, o que permitirá solicitalas mais familias e que as axudas recibidas sexan maiores. Os importes das axudas para o curso 2017/2018 son os seguintes: - 2º ciclo de educación infantil: 70 € - Educación primaria: 80 € - ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € - Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 € Para calquera información poden acudir as oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN OBRADOIRO DE CRECEMENTO PERSOAL A TRAVÉS DO AUDIOVISUAL

Dentro das actividades desenvoltas polo Concello de Oleiros a través do Plan de Igualdade desenvolveuse o ano pasado unha experiencia innovadora na que se traballaban as emocións a través do audivisual. Este obradoiro desenvolto a través desta novedosa metodoloxía acadou moi bos resultados e supuxo unha mellora no benestar emocional de todas as persoas participantes ademáis dunha actividade moi gratificante, Dado o éxito da actividade, baseándose nesta forma de traballo, abrese o prazo para un novo obradoiro denominado "OBXECTIVO EU", co obxectivo de traballar as fortalezas e as debilidades, ter un maior autocoñecemento e iniciar un proceso de mellora. O proceso creativo dun audiovisual da nosa imaxe sírvenos de ferramenta para acadar o obxectivo: a mellora de cada un das persoas participantes co fin de conseguir o maior benestar posible. Divídese en dúas fases: ¿ 1ª fase: "ENFOCAMOS" do 17 de marzo ao 30 de xuño. Centrada en recoñecer aqueles aspectos que quere acadar cada persoa, o que necesita. ¿ 2ª fase: "PONTE EN ESCENA" do 15 de setembro ao 22 de decembro. Co obxectivo de chegar a ter ou ser o que se visualiza na primeira fase. A actividade vaise desenvolver os venres, en horario de 10:30 a 13:00 horas, no Centro Municipal de Formación.

O Luns 3 de abril comezan as inscricións para o programa "VEN E DESCUBRE 2017"

A partir do luns 3 de abril ábrese o prazo de inscrición para as 2.420 prazas do Programa de Excursionismo e Sendeirismo para maiores de 60 anos do Concello de Oleiros "Ven e Descubre 2017" A inscrición será por grupos en función da parroquia na que vivan as persoas que se inscriban, cada parroquia ten unhas datas determinadas para facer ese trámite. EXCURSIONISMO ¿ Grupo de Dorneda e Maianca, 3-4 de abril ¿ Grupo de Santa Cruz e Montrove, 5-6 abril ¿ Grupo de Oleiros e Iñás, 7-10 abril ¿ Grupo de Nos. 11-12 abril ¿ Grupo de Serantes e Dexo, 18-19 de abril ¿ Grupo de Perillo, 20-21 de abril SENDEIRISMO Todos os grupos de sendeirismo, 24-25 de abril As inscricións serán única a exclusivamente por teléfono e pola tarde nos días asignados a cada parroquia. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros - 981 610 000 - en horario de 16:00 a 20:00 h e facilitar o seu nome completo, DNI, data de nacemento e parada de autobús na que desexa que a recollan. Recordar que este programa está dirixido únicamente a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros.

VOLTAN AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

Mañá xoves, 25 de xaneiro, abrese o prazo de inscrición para dúas actividades que se desenvolven baixo o marco do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros: os "Obradoiro do corpo" e o "Obradoiro de danza espello" As prazas para estes obradoiros son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición dende mañá ata o 2 de febreiro, con posterioridade se fará un sorteo para adxudicar as prazas no suposto de haber mais solicitantes que prazas disponibles. As solicitudes poden descargarse da web municipal ou collelas en persoa nas dependencias de Servizos Sociais, posteriormente deberán presentarse no rexistro do Concello de Oleiros antes de que remate o prazo de inscrición.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza