Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

Natación

A natación é unha das actividades físicas máis recomendadas para as personas maiores, por ser moitas as vantaxes que reporta e moi poucos os riscos que conleva. Unha gran aliada da saúde física e emocional.

Festa do Entroido

En Oleiros queremos que as persoas maiores gozen máis que ninguén dunha celebración que forma parte da nosa tradición cultural e que se aínda mantemos viva é tamén grazas a elas. O Entroido non ten idade!

Romaría das Merendiñas

A cita obrigada dos nosos maiores é sen dúbida a Romaría das Merendiñas, un encontro que foi consolidándose no tempo e que quere ser a homenaxe de Oleiros a un colectivo que aínda non esqueceu como gozar das boas festas.

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

Obradoiro de memoria

Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza