Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

A FABRICA ACOLLERÁ O VENRES 2 DE MARZO A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2018

Todas as persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros están invitadas a acudir á presentación do Programa Ven e Descubre 2018, o próximo venres, 2 de marzo, ás 18:30 h, no auditorio do Centro Sociocultural A Fábrica en Santa Cristina Este programa, con mais de 20 anos de funcionamento, engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Cada ano todas as excursións e rutas de sendeirismo xiran arredor dunha temática común. Nesta presentación poderán coñecer de primeira man os distintos destinos e os nexos que hai entre os distintos lugares que visitaremos. Un programa de calidade no que o divertimento vai acompañado da aprendizaxe, da cultura e da historia, a través dunhas viaxes aos puntos mais fermosos de Galicia. Posteriormente a esta presentación distribuiranse por todos os edificios municpais, casas do pobo… os folletos informativos da actividade. Se queres saber mais non quedes na casa e vai o próximo venres 2 de marzo á presentación de Ven e Descubre.

O LUNS 22 ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO DE OLEIROS

XXXIV edición da Festa do Entroido en Oleiros Polideportiva de Santa Cruz Venres, 16 de febreiro, a partir das 19:00 h O vindeiro luns 22 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces do Entroido en Oleiros. A festa que será o venres 16 de febreiro, despois do Martes de Entroido e xusto o día anterior ao Sábado de Piñata, é un clásico nas festas da comarca nestas datas con numerosa participación de xente. Cerca de 4.000 € en premios para repartir entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Este ano as parellas competirán na categoría de individuais, xa que son poucas e adoitan a ter unha temática común, polo que decidiuse englobalas nesta categoría en vez da de grupos para que teñan maiores oportunidades. ¿

PUBLICADOS LISTAXES DE ACTIVIDADES OCUPACIONAIS E DOS OBRADOIROS DE DISCIPLINA POSITIVA E COMUNICACION NA FAMILIA

Xa poden consultarse nos documentos en pdf ao pé desta noticia os listados de persoas admitidas en todas as actividades ocupacionais que se desenvolven dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (encaixe, fai a túa roupa, pintura...), así como a lista de espera. Recordar que as persoas que teñen praza nas actividades ocupacionais poden pasar a recoller o documento de pago polas dependencias de Servizos Sociais dende hoxe ata o 26 de setembro, data na que remata o período de pagamento. Por outra banda tamén publicamos as listaxes das persoas admitidas nos Obradoiros de Comunicación e xestión emocional no entorno familiar, así como nos Obradoiros de Disciplina Positiva. Sinalar que debido ao elevado número de persoas que solicitaron participar neste último obradoiro, o de disciplina positiva, decidiuse facer un novo grupo para os martes no mesmo horario e no mesmo lugar. Calquera dúbida poden contactar con nós no 981 610 000

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

29 grupos de memoria, ximnasia e ioga incian as actividades do programa de envellecemento activo en todas as localidades do Concello de Oleiros Este pasado luns, 11 de setembro, reinciáronse as actividades 60+ de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros que organiza a concellería de Servizos Sociais e desenvolvense en todas as localidades do municipio. Son un total de 557 persoas as que participan a través de 29 grupos: 11 de memoria, 11 de ximnasia e 7 de ioga. A media de participantes por actividade é de 19 persoas. A actividade con maior número de participantes é a de memoria con 224 persoas, seguida pola de ximnasia con 217 e finalmente a de ioga, con 116. Na actualidade en prácticamente todos os grupos hai unha pequeña lista de espera, non obstante sempre se producen pequenos axustes ao principio de cada curso e se irá chamando ás persoas en agarda a medida que se produzcan vacantes, tampouco se descarta a posibilidade de crear un grupo novo dalgunha actividade se hai unha lista de espera é moi numerosa. As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais en persoa ou ben telefónicamente a través do 981 610 000.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza