Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.
Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.
Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"...
Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.
Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.
Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.