NOVASDesmárcate, programa de Educación para a Saúde e Prevención de Drogas e AlcoholDesmárcate, programa de prevención de drogas e alcohol É necesario seguir a traballar no camiño da prevención, educar en valores, hábitos e habilidades sociais e por suposto, intentar con estas... Oleiros en Forma. Programa Municipal de exercicio físico para a saúde.OLEIROS EN FORMA é un progama de axuda a todos aqueles veciños de Oleiros maiores de 18 anos, que teñan interés en realizar actividade física como medio para mellorar a súa saúde. Subdividimos o... Entroido 2012Desde hai dezaoito anos o Concello de Oleiros vén organizando a festa do Entroido para os nosos maiores, á que asisten todos e todas os veciños e veciñas, co fin de manter e gozar desta festa tan enraizada na nosa cultura e tradición. Este ano a "Festa do Entroido" terá lugar o próximo venres 24 de febreiro e trasladase ao pavillón Arsenio Iglesias da localidade de Santa Cruz. A pesar do cambio de ubicación o programa da festa seguirá a ser o mesmo que outros anos, adicada a todas as persoas que desexen festexar o Entroido e cunha mirada especial aos nosos maiores. Comezará ás 18:00 h e ten previsto rematar contra as 22:15 h. Ao longo da tarde haberá diversas actividades entre as que se atopan a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces, con importantes premios, e unha merenda con chocolate quente e churros para as persoas maiores. Tampoco faltará a "actuación sorpresa" que cada ano agardan os veciños e veciñas de Oleiros e protagoniza o alcalde Angel García Seoane. Haberá tamén un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá todas as localidades desde as 17:45 h para trasladar as persoas que o desexen ata a polideportiva de Santa Cruz. Concurso de disfraces Entroido 2012Para festexar o Entroido a Concellería de Servizos Sociais organiza un ano máis o "Concurso de disfraces" Neste concurso que se celebrará o próximo venres 24 de Febreiro na polideportiva municipal Arsenio Iglesias de Sta Cruz, poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. Os disfraces poderán concursar en dúas categorías, grupos o individual. Valorarase a creatividade, posta en escena, orixinalidade, calidade na confección e as características dos materiais utilizados, ademais valorarase aqueles disfraces onde o conxunto de todos estes elementos sexa representativo do espírito festeiro do Entroido. Mais seguridade para os maiores de Oleiros |
|