Os motivos polos que unha persoa ou colectivo se relaciona coa Administración local poden ser do máis variado. Para facilitarlle a todos os usuarios e usuarias deste portal a localización da información que máis lle interesa en función das súas circustancias vitais, laborais, etc., clasificamos os contidos segundo os perfís dos que van ser os seus principais destinatarios:
Contratante. As persoas físicas e xurídicas interesadas en contratar co Concello poden consultar neste espazo toda a información relativa aos expedientes de contratación desta entidade. Con este servizo, Oleiros impulsa a utilización de medios electrónicos na contratación pública.
Maiores. En Oleiros viven algo máis de 7.676 persoas maiores de 60 anos, case un 22.7% da nosa poboación actual. Os coidados e a atención que precisan tamén son unha responsabilidade do sistema municipal de servizos sociais e, por extensión, de todas as áreas de goberno.
Turista. Recollemos toda a información que precisas sobre como chegar ata aquí e onde aloxarte ou comer. Ti só terás que preocuparte de gozar das nosas praias, festas, monumentos, parques... sabes xa a de cousas que podes facer en Oleiros?
Veciñanza. Para todos e todas os que vivides en Oleiros, ou estades pensando en facelo, compilamos a información máis relevante sobre os servizos que tedes ao voso dispor e os trámites polos que vos relacionades de xeito máis habitual coa Administracion local.
Xuventude. Formación, deporte, lecer... aquí atoparás todos os servizos e actividades que organiza o departamento de Xuventude do Concello e aquelas iniciativas doutras áreas que tamén están pensadas para os mozos e mozas de Oleiros.