Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Xuventude
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 3 abril 2020 #euquedonacasa

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=748177&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil (a partir de 8 anos):

Xela volveuse vampira!!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Noemí López
Baía

As ilustracións da lucense Noemí López, admiradora do trazo de Castelao e Quino, sérvenlle a Baía para ofrecernos este texto de Fina Casalderrey que forma parte dunha colección destinada a superar estereotipos nos contos infantís. Deste xeito, Xela, unha mestra moi querida polas nenas e nenos, comeza o novo curso con diferente carácter: parece cansa e tristeira e xa non xoga coma antes. Os nenos e nenas da aula pregúntanse que pasa: estarase a volver vampira?.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

- Mozas/os e adultas/os

Xente de aquí e acolá, de Álvaro Cunqueiro
Galaxia

Relatos de sempre do mellor Cunqueiro baseados en personaxes retranqueiros, mesturando a realidade coa fantasía. Un exemplo de calidade literaria en formato breve que o autor explica nunha carta a Domingos García-Sabell, amigo de seu e un dos promotores de Galaxia, editorial que posibilitou a primeira edición do libro no 1961.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza