Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Xuventude
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 2 agosto 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1478850- Xuvenil (a partir de 12 anos):

A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre
Galaxia

No remate da Gran Guerra unha curiosa rapaza de apenas 16 anos, intelixente e sobre todo moi atenta ao que pasa ao seu redor chamada Miranda - a filla do Minotauro, ofrécese a botar unha man nunha empresa arriscada. Terá que agochar un documento antigo moi valioso que é unha das pezas máis cobizadas polos ladróns de xoias de arte contratados pola mafia siciliana.

- Mozas/os e adultas/os:

Tea rooms: mujeres obreras, de Luisa Carnés
Hoja de Lata

"Tea Rooms" conta a historia dun grupo de mulleres que traballan nun salón de té na inestable capital de España, onde os dereitos dos traballadores son máis que limitados. Asistiremos aos inicios das primeiras folgas e as reclamacións dos obreiros para obter mellores condicións laborais. Un grupo de mulleres, cada unha coa súa propia historia, Antonia, Paca, Marta, Laurita e a protagonista Matilde, nova e pobre pero moi diferente das demáis, con ideas propias e mirada crítica. Podemos considerala a "alter ego" de Luisa Carnés, a autora da novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza