Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Xuventude
   
NOVAS

« Atrás

Escola Municipal de Surf

Para mozos/as nacidos/as entre 2002 e 2010 (Só empadroados/as en Oleiros)

O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/as nacidos/as entre o 2002 e 2010.
 
Prezo público: 15€/mes
 
O programa de actividades de Surf terá lugar no centro deportivo municipal da Praia Bastiagueiro desde o 30 de setembro de 2022 ata o 28 de maio de 2023, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
 
Teremos funcionando 3 grupos (só é posible inscribirse nun grupo):
 
  • Venres de 16.00 a 18.00 horas
  • Sábados de 11.30 a 13.30 horas
  • Domingos de 11.30 a 13.30 horas
 
O Concello de Oleiros facilitará a táboa, o traxe de neopreno e a licra para a actividade.
 
Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma, no rexistro municipal da Fábrica, antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza