Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Veciñanza
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 16 agosto 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=animais+bosque+verdade+animais+passchier&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros- Infantil (menores de 4 anos):

Os animais do bosque: toda a verdade sobre os animais, ilustrado por Anne Passchier
Baia

10 animais que viven no bosque. Con cada animal faise unha pregunta totalmente inverosímil e na páxina seguinte obténse a resposta correcta. O texto vai acompañado dunhas simpáticas e coloridas ilustracións e magníficas fotografías coas que os máis pequenos poderán aprender divertíndose.
Unha proposta lúdica e orixinal de preguntas e respostas que busca sorprender a nenos e nenas e implicalos directamente como se fose un xogo.

Nesta mesma colección: "Os animais da granxa". Toda a verdade sobre animais domésticos como a vaca, o porco, o cabalo, ou o galo, seguindo a mesma estrutura.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=william+finnegan+a%C3%B1os+salvajes&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=Años salvajes, de William Finnegan
Libros del Asteroide

Premio Pulitzer de Biografía no 2016, Premio Euskadi de Plata e o Prix América no 2017.

É a biografía dun surfista. Non só fala de surf senón tamén da súa infancia, de viaxes e aventuras por diversas partes do mundo, amosando a vida e a sociedade nos distintos países polos que vai viaxando, incluíndo o apartheid na etapa en que estivo en Sudáfrica. A súa obsesión polo surf levao a viaxar dunha forma totalmente precaria polos lugares máis recónditos, chegando a estar ao borde da morte por diversas enfermidades. Móvese rapidamente, con poucos cartos e por territorios descoñecidos para el.

Divídese en dez capítulos, no primeiro está en Honolulu (Hawai), onde se traslada de adolescente coa súa familia desde California por motivos de traballo do pai. Posteriormente, nos anos 70, e tras finalizar os seus estudos universitarios, decide deixalo todo e emprender unha viaxe en busca das mellores olas que o levará a recorrer Samoa, Fiyi, Indonesia, Australia, Sudáfrica, etc. O surf mistúrase coa xenerosidade con que o acollen en moitos lugares, a cultura hippie, a problemática das drogas, o moito tempo pasado sen poder comunicarse coa súa familia, a plena confianza que podía ter nalgún amigo... 

Nos anos oitenta regresa a Estados Unidos. Vaga dun lugar a outro ao non poder pagar un aluguer, intentando rematar unha novela sobre temática ferroviaria ata que consegue saír adiante e converterse nun coñecido xornalista que coñece de primeira man as inxustizas que se producen en moitos países do mundo e que denuncia nos seus artigos. Segue tendo a súa paixón da busca da ola perfecta e continua viaxando a San Francisco, Madeira, etc., pero dunha forma máis organizada.

Na obra figura unha interesante frase de Graham Greene “El peligro es el gran remedio para el aburrimiento”.

Unha apaixonante historia de aventuras e viaxes, cun estilo narrativo que atrapa. Unha lectura fascinante para todas as persoas afeccionadas a este deporte, pero tamén para as que non o sexan.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza