Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Veciñanza
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 21 decembro 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1343276- Infantil (a partir de 6 anos):

O castiñeiro do apalpador, de Inacio Vilariño
Baía

Queres saber por que o Apalpador se dedica a repartir castañas entre os nenos e nenas na noiteboa?
Esta peza teatral conta como un carboeiro da serra do Courel cunha longa vida por diante, sen necesidade de comer as castañas que daba o seu castiñeiro, decidiu regalalas cada ano pola noiteboa aos nenos e nenas que as necesitaran.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=amor%2C+un&idx=au%2Cwrdl&q=palomas%2C+alejandro&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevanceUn amor, de Alejandro Palomas
Destino

Nesta obra, Alejandro Palomas preséntanos novamente á particular familia protagonista das súas anteriores novelas: Una madre, Un hijo o Un perro. Aínda que cada unha delas son de lectura independente, teñen un forte lazo de unión.

Penetraremos novamente no emocionante universo da protagonista matriarcal da familia, Amalia, e os seus fillos Silvia, Emma e Fer. Desta vez, imos de voda porque Emma casa. Atopou a súa media laranxa en Magalí, unha arxentina, filla de montoneros asasinados pola ditadura militar, e quere facer coincidir o día do seu casamento co día do aniversario de súa nai, celebrándoo nunha casa rural. Pero os acontecementos van precipitarse e o que ía ser un día festivo vaise iniciar cun certo desasosego por parte de todos os membros familiares. Porque como adoita pasar case sempre, nunca hai dous sen tres e un terceiro acontecemento remexerá os alicerces que non son tan sólidos nesta familia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza