Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Veciñanza
   

NOVAS

     
« Atrás

:terrabrava - historias (visuais) do local: selección de películas en Rialeda

Historias do microcosmos, do local proxectado no universal, coa súa teluricidade e raigame. Ven a descubrilas a Rialeda!

Tertulia literaria en Rialeda: 13 novembro 2019 (Grupo B)

17,30 h. Comentario de "Liquidación de existencias" de Ramón Caride Ogando. Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 novembro 2019 (Grupo A)

17.30 h. Comentario de "Hijos del ancho mundo" de Abraham Verghese.

VOLUNTARIADO EN FORMACIÓN CONTÍNUA

Como cada ano, convócase o Curso de formación Básica en voluntariado para todas as persoas que se incoparon ao programa municipal e por suposto dirixido a tódolos veciños e veciñas de Oleiros que estean interesados en realizalo. O curso consiste no desenvolvemento dos contidos fundamentais do voluntariado, explicado por profesionais cun amplio percorrido no sector e con unha experiencia constatada. Desenvolverase dunha forma dinámica e participativa ao longo de 10 horas de duración. Como cada ano solicitarase a homologación por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado onde valoraron os contidos que se desenvolven e os docentes que o imparten. O curso levarase a cabo durante os días 14, 15 e 16 de novembro no Centro de Formación "Isaac Díaz Pardo". - Xoves, 14 de novembro de 16:30H a 19:30H - Venres, 15 de novembro de 16:30H a 19:30H - Sábado, 16 de novembro de 10:00H a 14:00H A inscrición é gratuíta e realizarase na Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros.

Recomendacións en Radioleiros: 8 novembro 2019

"Gotita", escrito e ilustrado por Stéphanie Joire e Laura Fanelli. "Tempo fósil" de Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019 e Premio da Crítica 2018.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza