Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Veciñanza
   

NOVAS

     
« Atrás

Tertulia literaria en Rialeda: 25 novembro 2020 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual a través de Jitsi Meet. Comentario de "Vestido de novia" de Pierre Lemaitre.

1º trimestre nas Tertulias Literarias de Rialeda

Programación das Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda.

Recomendacións en Radioleiros: 20 novembro 2020

"Miña guía, meu capitán" de Gonzalo Moure con ilustracións de María Girón. "O exército de fume" de Manuel Gago.

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (novembro 2020)

"Richard Jewell" de Clint Eastwood, "Mientras dure la guerra", de Amenábar, "Mary Shelley" de Haifaa Al-Mansour, "Los perros" de Marcela Said e moitas máis ata 54 novos títulos.

Luis Mateo Díez, Premio Nacional das Letras Españolas 2020

Biblioleiros únese aos parabéns ao escritor leonés Luis Mateo Díez, Premio Nacional das Letras Españolas 2020. Ven coñecer a súa obra ás nosas bibliotecas!

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Actividades de Verán 2020

 

   A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a).

  Admitirase unha única solicitude por persoa empadroada e nela podrá marcarse unha única actividade. Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.

     É importante gardar o número de inscrición xa que as diferentes listaxes virán relacionadas por esta numeración.

Documentación e acceso a preinscrición.

Listados 

Listados provisionais 30/06/2020: Preme aquí. (Telefono consulta: 981.63.65.98, ou enderezo electrónico: afabrica@oleiros.org).

Relación de Actividades sorteadas

  • Oleria infantil Agosto è 350
  • Campus DXT 2004-2008 (03-07 Agosto) è 398
  • Campus DXT 2009-2010 (10-14 Agosto) è 57
  • Campus DXT 2009-2010 (27-31 Xullo) è 441
  • Kaiak 6 (17-21 Agosto) è450
  • Surf 1 (13-17 Xullo) è 243
  • Surf 2 (20-24 Xullo) è 449
Listados definitivos de admitidos 02/07/2020Preme aquí. (Enderezo electronico para solicitar o pagamento da actividade, indicar si se ten opción a algún desconto por familia numerosa ou Servizos Sociais).

 

Listado de vacantes a data 09 de xullo do 2020: preme aqui

 

Procedemento para solicitar prazas libre en actividades de verán 2020 (para persoas empadroadas)

 

  1.  As solicitudes serán telemáticas a través do enderezo electrónico afabrica@oleiros.org
  2. A data e hora de comezo do prazo de inscrición libre, será a partir das 08:00 horas do venres 10 de xullo do 2020. Calquera solicitude que entre antes de dita hora será anulada.
  3. Para solicitar praza deberá mandarse, debidamente cuprimentado e asinado , o seguinte formulario (preme aqui). Deberá solicitarse unha actividade por formulario, polo que se se queren acceder a varias actividades, deberán enviarse tantos formularios como actividades solicitadas.
  4. Todos aqueles formularios que veñan con máis dunha actividade serán anulados.
  5. O feito de enviar o formulario de incrición non garantiza a praza.
  6. Unha vez confirmada a inscrición, remitirase a través do enderezo de correo electrónico facilitado previamente, a carta de pago correspondente ás inscricións admitidas, xunto coas instrucción de como se deberán realizar o proceso de pagamento e o prazo do mesmo.
  7. Confirmarase por correo o procedememento como correctamente realizado.

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza