Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Veciñanza
   

NOVAS

     
« Atrás

OLEIROS PON EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS DUN FAMILIAR CON DEPENDENCIA

Un dos obxectivos da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros é mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras a través dos grupos Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapeútico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer "normais" moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas. Este obradoiro chamado Descubrindo emocións que se inicia o próximo 8 de outubro durará ata o 26 de novembro, en 8 sesións semanais de hora e media. En concreto as sesións serán os luns, de 16:30 a 18:00 h no Centro de Formación Municipal en Os Regos. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Desenvolvese a través dunha colaboración entre o equipo técnico dos Servizos Sociais de Oleiros con profesionais da Asociación de Familiares de Alzheimer da Coruña, AFACO, entidade con ampla experiencia neste campo. Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade... Tamén adquiren habilidades para enfrontarse a eses problemas e voltar a desfrutar a vida sen deixar de atender e coidar so seus seres queridos

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS OBRADOIROS OCUPACIONAIS 2018

 Pode consultar a listaxe de persoas admitidas para realizar os Obradoiros do programa "Actividades ocupacionais de Servizos Sociais" durante o período de outubro a decembro de...

Programa de reforzo e apoio escolar municipal

Inscríbete no programa municipal de reforzo e apoio escolar municipal, se te compre orientación, métodos de estudo. As sesións celebraranse no Centro cívico de santa cruz, Casa do Pobo de Nós, Centro social de Rialta e Casa da cultura de Perillo.

Datas de presentación de horarios da Escola muncipal de Música

Consultas as datas de presentación dos horarios de clase de música e movemento, especialidades instrumentais, linguaxe musical, clases colectivas e agrupacións para o curso escoilar 2018/2019.

ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

A partir da próxima semana reinicianse as distintas actividades que desenvolve o Concello de Oleiros no marco do Plan de Igualdade. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente son tres as actividades que contan con algunha praza vacante para as que se abre o prazo de inscrición: ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. Empeza o luns, 10 de setembro no Centro Cultural A Fábrica. ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 12 de setembro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "LUCES, CÁMARA… ACCIÓN!": un obradoiro, dirixido tanto a mulleres comoa homes, no que se exploran as emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Reiniciase o venres, 14 de setembro, no Centro Cultural A Fábrica. Todas estas actividades están alineadas coa búsqueda permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combinanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas. As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza