Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Veciñanza
   
NOVAS

« Atrás

Inesquecible Domingo Villar

As Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros amosan o seu pesar polo recente falecemento de Domingo Villar. O escritor vigués, autor das celebradas novelas negras "Ollos de auga", "A praia dos afogados", "O último barco" (protagonizadas polo inspector Leo Caldas) xunto co libro de relatos "Algúns contos completos" editado o pasado ano, foi un revitalizador do xénero policial adaptándoo con gran éxito á nosa particularidade galega. A súa aceptación polas lectoras e lectores trascendíu as fronteiras galegas, sendo adaptada a súa segunda obra "A praia dos afogados" ao cine, con Carmelo Gómez no papel de Leo Caldas.

As súas obras foron lidas por moitas e moitos estudantes dos centros de ensino galegos, ao seren incluídas dentro do currículo desde hai varios anos.

O 29 de abril de 2008, tivemos o pracer de recibilo na Biblioteca Central Rialeda nun encontro literario a raíz da lectura da obra "Ollos de auga" nas Tertulias Literarias de Rialeda. Con bo humor, desbordando simpatía e deleitando tamén coa súa faceta de xornalista culinario, deixou un recordo imborrable.

Grazas polas lecturas e os bos momentos, Domingo!!!

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza