Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Veciñanza

NOVAS

« Atrás

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 16 de maio (Grupo A)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario de "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos

Roteiro Cultural e Literario: inscrición aberta ata o 25 de maio

Na Biblioteca Central Rialeda. Data límite: 25 de maio.

Oleiros presta o seu apoio institucional á ILP sobre a proposición de lei de regulación da dación en pagamento, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presenta o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que quere levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da lei hipotecaria na que se contemple a dación en pagamento, a paralización de desafiuzamentos e o aluguer social. Para iso é necesario recoller máis de 500.000 sinaturas antes do 31 de outubro de 2012 en todo o territorio nacional.

Recomendacións en Radioleiros: 11 de maio

"Centauros do norte" de Marcos Calveiro e "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX" de Tucho Calvo

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza