Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Turista
   
NOVAS

« Atrás

Entroido 2012

Para facilitar un acceso cómodo a todas as persoas, o Concello de Oleiros ten previsto un dispositivo especial de tráfico; o acceso á polideportiva vai estar pechado para os vehículos desde a avda. Emilia Pardo Bazán.

 Haberá aparcamento gratuíto, para a xente que se despraze nos seus vehículos particulares, na rúa Concepción Arenal, no lugar onde se fan as festas de Sta. Cruz, desta forma todo o mundo poderá aparcar comodamente e trasladarse andando á festa, a escasos cinco minutos do aparcadoiro.
 
As persoas que se trasladen nos autobuses habilitados gratuitamente poderán acceder ata a porta de entrada da polideportiva.
 
Os accesos á polideportiva serán a pé desde a rúa do Saber, pola entrada principal do colexio Isidro Parga Pondal, ou ben pola entrada principal da polideportiva na rúa Emilia Pardo Bazán.
 
Realizaremos tamén o tradicional concurso de disfraces no que poderán participar persoas de dentro e fóra do concello que xa teñan cumpridos os 16 anos.  
 
En anos anteriores o Concello de Oleiros enviaba unha carta informativa ás persoas maiores ao seu domicilio. Nesta edición este envío non se vai a realizar.
 
Todas as persoas que o desexen poderán acceder a información a través dos carteis que se colocarán nas casas do pobo e outros edificios municipais, na radio municipal, nos paneis informativos electrónicos, na páxina web e no teléfono de atención ao veciño.
 
Unha particularidade desta festa, que a fai singular, e a colaboración de forma voluntaria de persoas procedentes do tecido asociativo de Oleiros. Son homes e mulleres que colaboran co concello na atención aos maiores que participan na festa. 

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza