Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Turista
   

NOVAS

     
« Atrás

Verán

19/07/2010 - Actualidade Oleiros: VERAN

Praias

15/06/2009 - Actualidade Oleiros: PRAIAS

Concurso de disfraces, Concello de Oleiros, Venres 15 de Febreiro.

O Entroido non falta á súa cita habitual e xa van 29 edicións desta tradicional festa que se festexa dunha forma especial no Concello de Oleiros. O vindeiro venres, 15 de febreiro, na Polideportiva de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal, a partir das 19:00 horas, empezará a festa do Entroido, que incluirá a actuación musical da espectacular Orquesta Os Satélites, o concurso de disfraces con grandes premios, tanto para grupos como individuais, así como unha chocolatada para todas as persoas que asistan á festa. No concurso poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. Os premios previstos para esta edición son os seguintes: Categoría de grupos:1º premio de 1000 , 2º premio de 700. Dous 3º premios de 400 cada un. Categoría individual: 1º premio de 300 , 2º premio de 200 Dous 3º premios de 100 cada un.

Entroido 2012

Desde hai dezaoito anos o Concello de Oleiros vén organizando a festa do Entroido para os nosos maiores, á que asisten todos e todas os veciños e veciñas, co fin de manter e gozar desta festa tan enraizada na nosa cultura e tradición. Este ano a "Festa do Entroido" terá lugar o próximo venres 24 de febreiro e trasladase ao pavillón Arsenio Iglesias da localidade de Santa Cruz. A pesar do cambio de ubicación o programa da festa seguirá a ser o mesmo que outros anos, adicada a todas as persoas que desexen festexar o Entroido e cunha mirada especial aos nosos maiores. Comezará ás 18:00 h e ten previsto rematar contra as 22:15 h. Ao longo da tarde haberá diversas actividades entre as que se atopan a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces, con importantes premios, e unha merenda con chocolate quente e churros para as persoas maiores. Tampoco faltará a "actuación sorpresa" que cada ano agardan os veciños e veciñas de Oleiros e protagoniza o alcalde Angel García Seoane. Haberá tamén un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá todas as localidades desde as 17:45 h para trasladar as persoas que o desexen ata a polideportiva de Santa Cruz.

Guía de lectura "Palabras para compartir" (Nadal 2011)

Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.

   

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza