Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Turista
   

NOVAS

     
« Atrás

Relación de persoas admitidas no Intercambio Oleiros-Buccino

Relación de persoas admitidas no Intercambio Oleiros-Buccino

Horarios de Verán das Bibliotecas Municipais

Correspondentes aos meses de xullo, agosto e setembro de 2013.

Alfaroleiros

09/08/2010 - Actualidade Oleiros: ALFAROLEIROS

Verán

19/07/2010 - Actualidade Oleiros: VERAN

Praias

15/06/2009 - Actualidade Oleiros: PRAIAS

   

DESTACADOS

     
« Atrás

As Bibliotecas Municipais de Oleiros estamos de celebración!

As Bibliotecas Municipais de Oleiros resultaron ganadoras do Premio María Moliner 2011, na modalidade de municipio de entre 20.001 a 50.000 habitantes, convocado polo Ministerio de Cultura e a FEMP a nivel de todo o Estado Español.

O agasallo consistirá nun lote de 200 libros e un premio en metálico de 12.000 €, financiado por la Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros denominouse “Lecturas refrescantes” e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano.


O Premio María Moliner é o galardón máis importante que existe na actualidade en España dirixido a bibliotecas e supón un importante recoñecemento e valorización do traballo realizado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíra as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentaran a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico.

Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.

 

   

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza