Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Turista
   

NOVAS

     
« Atrás

Relación de persoas admitidas no Intercambio Oleiros-Buccino

Relación de persoas admitidas no Intercambio Oleiros-Buccino

Presentación de Oleiros na memoria

O XOVES, 27 DE FEBREIRO, ÁS 18:00 H, PRESENTASE NA FABRICA UNHA PUBLICACION QUE RECOLLE O TRABALLO REALIZADO NOS TALLERES DE MEMORIA DO CONCELLO DE OLEIROS Nos últimos tres anos desenvolveuse dentro destes talleres o proxecto "Oleiros na memoria" co obxectivo de recuperar parte da historia do concello a través das fotos, dos relatos, das anécdotas... contada polos seus protagonistas. Froito deste intenso traballo de recompilación xuntouse un cuantioso material de moito valor, o que motivou que se creara unha mesa de redacción para coordinar os textos e as fotografías coas que se elaboraría a publicación. Hoxe esta publicación xa está preparada, unha revista detrás da que hai moito traballo e moito agarimo, moitos recordos e moitas emocións, porque é a historia contada por quenes a viviron, contando como a viviron. Hai que destacar o feito de que todo o que aparece nesta publicación foi elaborado íntegramente polas persoas que acuden aos talleres.

Abrese o prazo para participar no "Concurso de disfraces Entroido 2014" do Concello de Oleiros

Desde hoxe e ata o 7 de Marzo as persoas interesadas poden xa inscribirse no "Concurso de disfraces Entroido 2014 do Concello de Oleiros". O Concello de Oleiros organiza o Concurso de disfraces Entroido 2013. Este e un concurso de grande tradición no que participan todos os anos numerosos disfraces procedentes de toda a provincia. Son 3200 euros que se repartirán en premios distribuídos nas categorías individual e grupo: Grupos 1º Premio 1000 2º Premio 700 Dous 3º premio de 400 Individual 1º Premio 300 2º Premio 200 Dous 3º Premio 100

Horarios de Verán das Bibliotecas Municipais

Correspondentes aos meses de xullo, agosto e setembro de 2013.

Alfaroleiros

09/08/2010 - Actualidade Oleiros: ALFAROLEIROS

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Concurso de disfraces, Concello de Oleiros, Venres 15 de Febreiro.

O vindeiro venres, 15 de febreiro, na Polideportiva de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal, a partir das 19:00 horas, empezará a festa do Entroido, que incluirá a actuación musical da espectacular Orquesta Os Satélites, o concurso de disfraces con grandes premios, tanto para grupos como individuais, así como unha chocolatada para todas as persoas que asistan á festa.

O xurado valorará a creatividade, posta en escena, orixinalidade, calidade na confección e as características dos materiais utilizados, ademais valorarase aqueles disfraces onde o conxunto de todos estes elementos sexa representativo do espírito festeiro do Entroido.

As persoas interesadas poderán inscribirse previamente antes das 12:00 h do xoves 14 de febreiro de 2013 por calquera das seguintes maneiras:

  • Por correo electrónico, enviando ao enderezo de correo electrónico e.rodríguez@oleiros.org a inscrición que poderán descargar na páxina web www.oleiros.org.
  • A través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.
  • Acudindo ás oficinas de Servizos Sociais na rúa Camilo Díaz Baliño de Oleiros.
  • O día da celebración do concurso, o venres 15 de febreiro, na polideportiva Arsenio Iglesias de Sta. Cruz entre as 19:00 e as 19:30 horas.

Poden consultar as bases que regulan o concurso aquí.

E as fichas de inscrición nestas ligazóns:

ficha inscrición categoría grupos

ficha de inscrición categoría individual

 

Para trasladarse a polideportiva de Sta Cruz o Concello de Oleiros ofrece un servizo de autobus gratuíto. As persoas interesadas  deberán achegarse a calquera das seguintes paradas ás 18:45 hs:

1.Itinerario por Lorbé, Dexo, Serantes, Maianca e Dorneda.

O Couto (lorbé), A Escola, Igrexa Dexo, O Cubo, A pista, Mera, Cabreira, Breixo, Rialta, Arillo, Augarrío.
  
2. Itinerario por Oleiros, Iñás, Nos, Montrove e Perillo
Oleiros ( polícia),  Arenaza, O Piñeiro, Os Vilares, Sarro, Vilanova, Casa do Pobo, Río da Veiga, Batán, Mesón da Auga, Centro Cultural Montrove, Lucín, Che Guevara (adegas de viño).

 

   

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza