O XOVES, 27 DE FEBREIRO, ÁS 18:00 H, PRESENTASE NA FABRICA UNHA PUBLICACION QUE RECOLLE O TRABALLO REALIZADO NOS TALLERES DE MEMORIA DO CONCELLO DE OLEIROS
Nos últimos tres anos desenvolveuse dentro destes talleres o proxecto "Oleiros na memoria" co obxectivo de recuperar parte da historia do concello a través das fotos, dos relatos, das anécdotas... contada polos seus protagonistas.
Froito deste intenso traballo de recompilación xuntouse un cuantioso material de moito valor, o que motivou que se creara unha mesa de redacción para coordinar os textos e as fotografías coas que se elaboraría a publicación.
Hoxe esta publicación xa está preparada, unha revista detrás da que hai moito traballo e moito agarimo, moitos recordos e moitas emocións, porque é a historia contada por quenes a viviron, contando como a viviron. Hai que destacar o feito de que todo o que aparece nesta publicación foi elaborado íntegramente polas persoas que acuden aos talleres.