Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Turista

NOVAS

« Atrás

Entroido 2012

Desde hai dezaoito anos o Concello de Oleiros vén organizando a festa do Entroido para os nosos maiores, á que asisten todos e todas os veciños e veciñas, co fin de manter e gozar desta festa tan enraizada na nosa cultura e tradición. Este ano a "Festa do Entroido" terá lugar o próximo venres 24 de febreiro e trasladase ao pavillón Arsenio Iglesias da localidade de Santa Cruz. A pesar do cambio de ubicación o programa da festa seguirá a ser o mesmo que outros anos, adicada a todas as persoas que desexen festexar o Entroido e cunha mirada especial aos nosos maiores. Comezará ás 18:00 h e ten previsto rematar contra as 22:15 h. Ao longo da tarde haberá diversas actividades entre as que se atopan a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces, con importantes premios, e unha merenda con chocolate quente e churros para as persoas maiores. Tampoco faltará a "actuación sorpresa" que cada ano agardan os veciños e veciñas de Oleiros e protagoniza o alcalde Angel García Seoane. Haberá tamén un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá todas as localidades desde as 17:45 h para trasladar as persoas que o desexen ata a polideportiva de Santa Cruz.

Guía de lectura "Palabras para compartir" (Nadal 2011)

Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.

As Bibliotecas Municipais de Oleiros estamos de celebración!

Gañadoras do Premio María Moliner 2011, convocado polo Ministerio de Cultura e a F.EM.P. a nivel estatal.

Verán

19/07/2010 - Actualidade Oleiros: VERÁN

Praias

15/06/2009 - Actualidade Oleiros: PRAIAS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza