NOVAS « Atrás Obradoiro de memoria Sendeirismo Excursionismo OLEIROS PON EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS DUN FAMILIAR CON DEPENDENCIA ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROSA partir da próxima semana reinicianse as distintas actividades que desenvolve o Concello de Oleiros no marco do Plan de Igualdade. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente son tres as actividades que contan con algunha praza vacante para as que se abre o prazo de inscrición: ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. Empeza o luns, 10 de setembro no Centro Cultural A Fábrica. ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 12 de setembro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "LUCES, CÁMARA ACCIÓN!": un obradoiro, dirixido tanto a mulleres comoa homes, no que se exploran as emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Reiniciase o venres, 14 de setembro, no Centro Cultural A Fábrica. Todas estas actividades están alineadas coa búsqueda permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combinanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas. As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. |
|