Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Maiores
   

NOVAS

     
« Atrás

Ioga e relaxación

A idade non é un obstáculo para a práctica do ioga e doutros exercicios de relaxación que convén considerar en certas etapas da vida. Preparación corporal, exercicios respiratorios, expresión corporal, canalización da enerxía... todas son vantaxes para o corpo e a mente.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"...

Romaría das Merendiñas

A cita obrigada dos nosos maiores é sen dúbida a Romaría das Merendiñas, un encontro que foi consolidándose no tempo e que quere ser a homenaxe de Oleiros a un colectivo que aínda non esqueceu como gozar das boas festas.

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Prazas vacantes en actividades ocupacionais

A partir do 11 de setembro e ata o día 18 inclusive, ábrese o prazo para  solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais, organizadas dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, nas que poden participar todas as persoas maiores de 16 anos empadroadas no término municipal.

As inscricións poden realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites on line dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas do Departamento de Servizos Sociais.

As prazas ofertadas son as vacantes nos "Obradoiros de expresión artística e artesanal" que se organizan en distintas localidades do concello: encaixe (en Santa Cruz, Montrove, Mera e Perillo), artesanía textil (en Perillo e Santa Cruz), pintura (Perillo), manualidades (en Iñás), costura (en Lorbé) e acuarela (en Perillo)

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición e a partir do día 19 poderán confirmar a disponibilidade da praza e recoller o documento para o pago do prezo público da actividade antes do 26 de setembro. As actividades iniciaranse na primeira semana de outubro.

Esta parte do curso 2017/2018 abarcará dende outubro ata decembro, nunha primeira fase, e participarán cerca de 250 persoas nun total de 16 actividades distribuídas por distintas localidades.

Todas estas actividades teñen o obxectivo principal de potenciar as relacións entre os veciños e veciñas en actividades grupais, axudando a facer novas amizades e incrementar as relacións sociais, mentres se realiza unha actividade na que se adquiren habilidades manuais nunha determinada técnica artística

 

información:

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza