Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Maiores
   

NOVAS

     
« Atrás

Ioga e relaxación

A idade non é un obstáculo para a práctica do ioga e doutros exercicios de relaxación que convén considerar en certas etapas da vida. Preparación corporal, exercicios respiratorios, expresión corporal, canalización da enerxía... todas son vantaxes para o corpo e a mente.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"...

Romaría das Merendiñas

A cita obrigada dos nosos maiores é sen dúbida a Romaría das Merendiñas, un encontro que foi consolidándose no tempo e que quere ser a homenaxe de Oleiros a un colectivo que aínda non esqueceu como gozar das boas festas.

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

 

O Programa de Envellecemento Activo da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros ten diversas intervencións encamiñadas ao mantemento dunha vida activa e plena da poboación maior de 60 anos. Dentro deste programa realizanse as ACTIVIDADES 60+: un amplo abanico de actividades dirixida a mellorar a condición física, social e cognitiva das persoas ao chegar esa etapa da vida.
 
As actividades deste programa desenvólvense en tres áreas de intervención:
 
·         Talleres de ximnasia: exercizos de equilibrio, coordinación, axilidade, flexibilidade, forza, resistencia e velocidade…dirixidos a manter unha condición física que proporcione autonomía na vida diaria
 
·         Talleres de ioga e relaxación: preparación corporal, posturas de ioga, exercizos respiratorios, expresión corporal, flexibilidade, eliminación de tensións... co obxectivo de manter o necesario equilibrio e un maior autocoñecemento do noso corpo.
 
·         Talleres de memoria: cun dobre obxectivo de adestramento cognitivo e de recuperación da memoria histórica. Neste último programa se coordinan e dinamizan uns proxectos de intervención que baixo o nome de “Oleiros na memoria” levan a cabo as seguintes actuacións:
 
-        Equipos de investigación: formados polas persoas participantes en cada grupo que se ocupan de recoller documentación da memoria histórica, fotografías, anécdotas, lendas, vivencias, revisións bibliográficas...
 
-        Equipos “Entrevistando a memoria”: conformados por persoas seleccionadas en cada grupo que se ocupan de entrevistar nos seus domicilios a persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e que contan con capacidade para contar as súas vivencias.
 
-        Equipos do “Proxecto interxeracional”: actividade desenvolta nalgúns centros educativos de primaria polo grupo de memoria desa localidade, na que un grupo de maiores trasladan aos mais pequenos, nas propias aulas, as vivencias da súa infancia e lles contan historias relacionadas coa súa vila.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza