Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Maiores
   

NOVAS

     
« Atrás

ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

A partir da próxima semana reinicianse as distintas actividades que desenvolve o Concello de Oleiros no marco do Plan de Igualdade. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente son tres as actividades que contan con algunha praza vacante para as que se abre o prazo de inscrición: ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. Empeza o luns, 10 de setembro no Centro Cultural A Fábrica. ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 12 de setembro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "LUCES, CÁMARA… ACCIÓN!": un obradoiro, dirixido tanto a mulleres comoa homes, no que se exploran as emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Reiniciase o venres, 14 de setembro, no Centro Cultural A Fábrica. Todas estas actividades están alineadas coa búsqueda permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combinanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas. As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

Ioga e relaxación

A idade non é un obstáculo para a práctica do ioga e doutros exercicios de relaxación que convén considerar en certas etapas da vida. Preparación corporal, exercicios respiratorios, expresión corporal, canalización da enerxía... todas son vantaxes para o corpo e a mente.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"...

Obradoiro de memoria

Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza