NOVAS « Atrás Ximnasia Obradoiros de memoria Sendeirismo Excursionismo Romaría das Merendiñas DESTACADOS « Atrás As Bibliotecas Municipais de Oleiros estamos de celebración!As Bibliotecas Municipais de Oleiros resultaron ganadoras do Premio María Moliner 2011, na modalidade de municipio de entre 20.001 a 50.000 habitantes, convocado polo Ministerio de Cultura e a FEMP a nivel de todo o Estado Español. O agasallo consistirá nun lote de 200 libros e un premio en metálico de 12.000 €, financiado por la Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña. O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros denominouse “Lecturas refrescantes” e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano. ![]() Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíra as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentaran a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico. Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.
|
|