Parroquia de NósNa terceira parroquia máis poboada de Oleiros, Nós, viven 4.747 persoas. Habitan os lugares da Barcala, O Batán, O Carballo, O Coroto, A Fortaleza, A Gándara, O Mesón da Auga, O Pinar, San Marcos, Sarro, A Seara, O Seixal, O Valiño, Vilanova e O Vilar. A extensión do seu territorio é de 6,11 quilómetros cadrados e a súa densidade de poboación de 717 habitantes por quilómetro cadrado. Toda a información que precisas sobre os seus espazos naturais e sobre os equipamentos e servizos municipais que tes ao teu dispor nela podes atopalo aquí.
| |