Parroquia de LiánsLiáns é a parroquia con máis poboación de Oleiros, 10.472 habitantes, e a segunda en densidade de poboación (1.466 habitantes por quilómetro cadrado). Na súa xeografía distínguense os lugares da Babilonia, O Bañil, O Barral, Bastiagueiro, O Camiño de Vieiro, A Capela, Os Carragás, O Castro, O Catasol, A Choupana, Coruxo de Abaixo, Coruxo de Arriba, O Cubo, A Eira de Concha, Eirís, A Ferrala, A Fonte do Espiño, Franzomel, A Gaiteira, Lamastelle, Lóngora, O Loural, Meixón Frío, Montrove, Morouzo, Mosteiro, O Muíño do Vento, O Pazo do Río, Pazos, O Porto de Santa Cruz, Os Regos, Romardeiro, O Seixo, O Souto e Vista Alegre. O seu territorio ocupa 6,63 quilómetros cadrados. Toda a información que precisas sobre os seus espazos naturais e sobre os equipamentos e servizos municipais que tes ao teu dispor nela podes atopalo aquí.
| |