Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Parroquias » Dexo » Cultura
   
Cultura

« Atrás

24 de outubro: Día da Biblioteca nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

https://bamadgalicia.wordpress.com/2018/10/08/24-de-outubro-dia-da-biblioteca-2018

Cos obxectivos de divulgar o Día da Biblioteca, mostrar os nosos centros como lugares de lecer e informar sobre os servizos que ofrecemos, promovendo a relación entre música e literatura e animar a ler e a gozar tanto da literatura como da música e que nenas e nenos se divirtan escoitando contos e realizando sinxelas manualidades, en Bibloleiros terán cabida unha serie de actividades que ofrecemos en cada un dos sete centros do Sistema.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Mércores 24 de outubro ás 20:00, “Soul e literatura, un paseo pola música” por Black Galicia.
- Mércores 24 de outubro ás 17:30, “Club de lectura e tertulias literarias”. Comentarase o libro “Volver a casa” de Yaa Gyasi.
- Xoves 25 de outubro ás 18:30, Sesión de contacontos "Cabaliño Hop", a cargo de Soledad Felloza, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.

Mostra bibliográfica: “Biblioteca Violeta” adicada a libros de temática feminista, no vestíbulo da biblioteca.

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)
- Mércores 24 de outubro ás 18:30, contacontos cun pequeno obradoiro de ilustración "O branco non pinta”, con Antía Otero, autora do texto e María Brenn, ilustradora do mesmo. Dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos.

“Cantos máis da casa me leron”: A partir dunha serie de libros infantís, xuvenís e de adultas e adultos cunha lapela na que quenes os lean escriban o seu nome. Esta actividade ten como finalidade acercar o fondo a novas usuarias e usuarios e futuras socias e socios. Dese xeito publicítase a biblioteca e promóvese a lectura dos seus fondos. Do 22 ao 31 de outubro.

“Arte e emoción: o álbum ilustrado na biblioteca”: O álbum ilustrado segue a ser considerado como material da sección infantil e xuvenil. Con esta mostra bibliográfica trataremos de achegar este tipo de lectura ao público mozo e adulto. Os álbums ilustrados están feitos para espertar a nosa curiosidade, facernos pensar, sentir emocións e sobre todo gozar das imaxes.
Presentamos unha mostra bibliográfica desde o 22 ao 31 de outubro.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)
- Martes 23 de outubro ás 18:30, contacontos “Velaivai” con Ramiro Neira, dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos.

“A biblioteca e o seu contido”, diversos pasatempos: encrucillados, sopas de letras… dispoñibles na biblioteca do 22 ao 29 de outubro.

“Exposición bibliográfica de novidades”

“Marcapáxinas conmemorativo”, coa finalidade de que nenas e nenos coloreen o seu e o leven para a casa. Dispoñibles na biblioteca do 22 ao 29 de outubro.

“Debuxos sobre a biblioteca”, que pasarán a forma parte da decoración da mesma. Do 22 ao 29 de outubro.

Biblioteca Pública Municipal "María José Ruso" (Dorneda)
- Luns 22 de outubro ás 18:30, contacontos “Lilí na escola” pola compañía Trinke Trinke. Para nenas e nenos a partir de 4 anos.

"Agasallo de libros" para as usuarias e usuarios que acudan á biblioteca o propio mércores 24 de outubro e retiren fondos en préstamo.

"Exposición bibliográfica de libros sobre bibliotecas, librerías e libros"

“Xogamos aos pasatempos”, do 22 ao 31 de outubro estarán dispoñibles na biblioteca pasatempos de temática vinculada ao Día da Biblioteca.

Biblioteca Pública Municipal "María José Trincado" (Mera)
- Venres 19 de outubro ás 18:30, contacontos “O berce das verbas” con Caxoto, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.

"Marcapáxinas conmemorativo" do Día da Biblioteca para colorear. Estarán dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)
"Marcapáxinas conmemorativo" do Día da Biblioteca para colorear. Dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.

"Debuxos sobre a biblioteca", para realizar na biblioteca ou na casa e despois decorar a biblioteca con eles.
Estarán dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.

“Os nosos imprescindibles”: Exposición de libros "imprescindibles" da literatura galega, como por exemplo A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, así como títulos actuais máis salientables. Realizarase do 22 ao 26 de outubro.

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)
"Exposición de libros infantís de temática ou escenario principal as bibliotecas". De 22 a 26 de outubro.

Destacados

Alfaroleiros 2019

Predición marítima do S.M.E.

Alfaroleiros 2019

Solicitudes de casas municipais

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Solicitudes de casas municipais

Venda de parcelas

Venta directa de parcelas

Venda de parcelas

Contacta co alcalde

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Contacta co alcalde

Andares por Galicia

Empresas para rozas de soares

Andares por Galicia

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza