Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Nun Click » Outros trámites
   
Outros trámites

« Atrás

Axudas económicas de emerxencia social municipal

Son prestacións económicas non periódicas de carácter extraordinario e de pagamento único, cun carácter finalista, dirixidas a paliar situacións carencias graves e urxentes relacionadas coa cobertura de necesidades básicas que non é posible resolver mediante a tramitación doutras axudas ou prestacións.

O importe máximo das axudas será de 400 €. Só se poderá conceder unha no ano.

Destinatarios

Todas aquelas persoas ou unidades familiares, que reúnan os seguintes requisitos:

  • Levar mais de catro meses empadroados no Concello de Oleiros, agás en situacións excepcionais.
  • Atoparse nunha situación de necesidade acreditada documentalmente.
  • Non superar o límite de ingresos establecido no regulamento municipal.
  • Non ter débedas na Facenda Local.
  • Presentar a solicitude no modelo normalizado.

Documentación

  • Fotocopia do documento de identidade, permiso de residencia ou pasaporte (no caso de non ter ningún dos dous primeiros) de todos os membros da unidade familiar.
  • Fotocopia do libro de familia ou documento análogo no suposto de non telo (acta ou partida de nacemento).
  • Xustificación da situación económica de todos os maiores de 18 anos da unidade   familiar:
    • Se está en situación de desemprego (fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e certificado do Instituto Nacional de Empleo no que se recolla se percibe ou non prestación ou subsidio por desemprego) Se realiza algunha actividade laboral sen asegurar deberá achegar unha declaración responsable dos ingresos que ten mensuais pola dita actividade. Se estivo en activo nos seis últimos meses deberá presentar as nóminas xustificativas dos ingresos percibidos pola súa actividade laboral nese periodo.
    • Se está en activo (copia das seis últimas nóminas).
    • No suposto de que pola súa situación administrativa algunha persoa non poida presentar ningún destes documentos deberá achegar unha declaración xurada no que indique se realiza algunha actividade ou non e cales son os seus ingresos.
  • Copia do contrato de aluguer ou o último recibo do IBI, así como o último xustificante do pago do aluguer ou da hipoteca de ser o caso.
  • Informe do médico de Atención primaria do Sistema Público de Saúde no que conste os diagnósticos e as medicacións que está a tomar a persoa interesada.
  • Calquera outra documentación que se valore necesaria para poder valorar a situación de necesidade por parte do persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, como por exemplo declaración do IRPF, extracto das contas bancarias...

Como realizar o trámite?

As persoas interesadas poderán solicitalo directamente no Rexistro Municipal do Concello de Oleiros, en horario de 08:30 ás 13:00 horas de luns a venres, a través do modelo normalizado de solicitude de axudas de emerxencia social.

Posteriormente o/a traballador/a social se poñerá en contacto telefónico coa persoa interesada para realizar a visita domiciliaria e manter unha entrevista no seu propio domicilio.

Posteriormente se lle comunicará se a súa solicitude foi concedida ou denegada. No primeiro caso se lle indicaría o procedemento para facer efectiva a dita axuda.

Custos

Gratuito

Impresos relacionados

Destacados

Vivir en Oleiros

Predición marítima do S.M.E.

Vivir en Oleiros

Solicitudes de casas municipais

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Solicitudes de casas municipais

Contacta co alcalde

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Contacta co alcalde

Sabores de Oleiros

Empresas para rozas de soares

Sabores de Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza