Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Nun Click » Outros trámites
   
Outros trámites

« Atrás

Trámite de solicitude de licenza municipal para o enganche á rede xeral de abastecemento de auga potable e/ou ás redes xerais de saneamento (augas residuais ou pluviais) para edificacións existentes

* Nota: Para as edificacións de nova planta ou nova construción a correspondente autorización para os referidos enganches tramitarase conxuntamente coa licenza de obra maior no Departamento de Urbanismo.

Descrición:

Presentación no Rexistro Xeral do Concello de solicitude de autorización municipal para realización de acometidas.

Documentación a achegar coa solicitude:

  • Escrito no que se especifique o tipo de acometida, a situación  e unha breve descrición das obras a realizar, con indicación expresa de se as obras afectaran á vía pública (calzada ou beirarrúa), lonxitude total da canalización e pavimentos a repoñer.
  • Plano de situación  e emprazamento sobre cartografía do P.X.O.M. (Plan Xeral de Ordenación Municipal) do Concello e plano descritivo das obras a realizar.

Oficina de tramitación:

  • Departamento de Obras Públicas
  • Presentación de solicitudes: no  Rexistro Xeral do Concello

Horario de atención ó publico:

De Luns a Venres, de 8,30 a 13,30 horas (xullo e agosto de 8,30 a 13 horas).

Descrición do procedemento:

Unha vez recibida a solicitude de licenza no Rexistro Xeral do Concello, éste remitiraa ó  Departamento de Obras Públicas para a súa tramitación,  procedéndose  á apertura do correspondente expediente.

No caso de que polos servizos técnicos municipais se estime conveniente acceder ó solicitado, procederase á remisión dun escrito ó solicitante no que se lle comunicará  o importe da fianza/aval a depositar como garantía dos posibles danos que se puideran ocasionar durante a realización das obras, así como á remisión do impreso das taxas a satisfacer.

No momento no que o solicitante reciba ó devandito escrito, deberá recoller o impreso para a presentación do aval na Area Económica do Concello e, xunto co impreso das taxas que se lle remitiu, presentalos nas entidades bancarias colaboradoras.

Unha vez cumpridos estes requisitos deberán presentarse os xustificantes de pago no Departamento de Obras Públicas, momento no que se tramitará a autorización.

O referido escrito ten carácter informativo, e non constitúe en ningún caso autorización para levar a cabo as obras solicitadas.

Seguidamente, o Departamento de Obras Públicas procederá á remisión da notificación da licenza na que se autoriza a realización das obras solicitadas, na que se indicará as condicións técnicas que se deberán cumprir durante a realización das mesmas.

Finalizadas as obras, o interesado deberá poñelo en coñecemento do Concello mediante presentación de escrito no Rexistro Xeral, solicitando a devolución do aval ou fianza presentado.

Por parte dos servizos técnicos municipais procederase á inspección das obras executadas e, no caso de que satisfagan as condicións técnicas impostas, tramitarase a correspondente devolución do aval/fianza. O Departamento da Area Económica comunicará esta devolución.

Destacados

Vivir en Oleiros

Predición marítima do S.M.E.

Vivir en Oleiros

Solicitudes de casas municipais

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Solicitudes de casas municipais

Contacta co alcalde

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Contacta co alcalde

Sabores de Oleiros

Empresas para rozas de soares

Sabores de Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza