Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Nun Click » Outros trámites
   
Outros trámites

« Atrás

Solicitude de licenzas para festas

Requisitos para festas

Aínda que durante todo o ano se autoriza a celebración de eventos festivos é na tempada de verán cando se congrega a meirande parte deles, polo que é preciso ditar unha serie de instrucións a ter en conta polos solicitantes destes permisos.

En primeiro lugar, o solicitante dun permiso de festa terá que formular a súa solicitude polo rexistro xeral do Concello con todos os documentos que se relacionan de seguido, como mínimo 10 días antes da celebración da festa. Á súa solicitude, na que deberá constar necesariamente o nome e apelidos do solicitante, DNI, enderezo e teléfono, deberá xuntar a seguinte documentación:

  1. Fotocopias dos contratos das orquestras e dos documentos TC-1 e TC-2 dos traballadores pertencentes a estas.
  2. Fotocopia da póliza de responsabilidade civil obrigatoria que cubra os posibles danos a persoas e bens producidos durante o evento.
  3. No seu caso, informe da empresa pirotécnica sobre a cantidade de explosivos que se van utilizar, ou no seu defecto, declaración xurada sobre esta cantidade, sempre e cando non superase os 50 kg.

Recibida a solicitude coa documentación completa o Concello instruirá o correspondente procedemento que rematará, de ser o caso, coa resolución autorizatoria, que será notificado ás persoas interesadas. A devandita notificación é o título que posibilita a celebración da festa, non podendo realizarse actividade de ningún tipo no caso de non contar con esta. A notificación deberá estar a disposición de requirimento policial para o seu exame, dentro do recinto da festa, en poder da persoa interesada ou da persoa que o represente.

Na celebración da festa deberanse cumprir as seguintes condicións:

1ª.- O horario de remate de celebración das festas e verbenas, será o establecido na Orde do 14 de febreiro de 2005 (DOG nº 34, do 18/02/2005) da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local; é dicir, deberán rematar ás 02:30 horas, ampliándose este horario en media hora os venres, sábados e vésperas de festivos.

2ª.- Respectar a prohibición das actividades previstas nos artigos 60, 61, 71, 72 e 73 do Real decreto 2816/82, do 27 de agosto, polo que se aproba o regulamento xeral de espectáculos públicos e actividades recreativas, en especial as que non sexan adecuadas para a xuventude e a infancia. O incumprimento desta prohibición será causa de suspensión das actividades que poidan estar a realizar.

3ª.- Especialmente, debe respectarse a previsión contida na Ordenanza municipal de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade (artigo 8.a , do BOP nº 191, do 21/08/2002), en relación coa súa utilización en pelexas, festas, espectáculos e outras actividades que leven consigo maltrato, crueldade ou sufrimento dos animais.

Así mesmo, debe respectarse o previsto na Lei 1/93 da Xunta de Galicia, de Protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22/04/93).

4ª.- Os organizadores da festa comprométense a non danar as vías e espazos públicos coa instalación das carpas, chiringuitos ou demais actuacións, sendo responsables dos danos que poidan ocasionar ao patrimonio ou bens municipais. Así mesmo deberase respectar o mobiliario urbano deixándoo libre de pegadas de carteis das festas (marquesiñas, contedores etc.)

5ª.- Os organizadores deben respectar o disposto sobre o uso de fogos e artificios pirotécnicos na Orde ministerial do 2 de marzo de 1989. Deben solicitar o correspondente permiso da Subdelegación do Goberno para o uso de tales artificios, e no caso de que alí non lles fose expedido por non chegar ao mínimo esixible, 50 kg, deben facer unha declaración xurada dos motivos polos que non foi outorgado. En calquera caso, os organizadores e a empresa pirotécnica son os responsables do uso e dos danos que poidan causar tales artificios a bens ou persoas, para o que deberán achegar a correspondente póliza de seguros. De acordo cunha circular remitida por AENA, os organizadores deberán avisar con antelación ao Aeroporto da Coruña con antelación aos instantes nos que fagan uso do material pirotécnico.

6º.- Os organizadores deberán responsabilizarse de que os vehículos, camións e demais instalacións dos propietarios das atraccións cumpran co disposto na Ordenanza municipal de limpeza, non podendo realizar verteduras ás vías ou espazos públicos nin lixar aqueles espazos que ocupen. No caso de que se producisen estas infracción serán solidariamente responsables xunto cos autores directos dos feitos, podéndoselles esixir a correspondente indemnización por danos e perdas e ser sancionados administrativamente.

7º.- Os organizadores deberán presentar xunto coa solicitude os escritos correspondentes a calquera solicitude onde teña que prestar o Concello a súa colaboración.

  • Escritos dirixidos á Nave Municipal de Servizos pedindo material.
  • Escritos dirixidos á Policía Local solicitando a presenza da propia Policía ou de Protección Civil.
  • Deberán, así mesmo devolver o material que poida facilitar o Concello en bo estado de conservación e limpeza.

Estas medidas en canto á solicitude do material e colaboración da Policía Local e Protección Civil, son moi importantes xa que de non ter tempo suficiente para distribuír os servizos, podería quedar algún evento sen atender.

Para calquera dúbida que os interesados teñan en relación a estes permisos poden poñerse en contacto co departamento de Orde Pública, sito no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben no teléfono 981 610 000 ou no fax 981 631 029.

Destacados

Solicitudes de casas municipais

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Solicitudes de casas municipais

Ocioleiros

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Ocioleiros

Plan Xeral

Vivir en Oleiros

Plan Xeral

Liña directa co alcalde

Predición marítima do S.M.E.

Liña directa co alcalde

Vivir en Oleiros

Empresas para rozas de soares

Vivir en Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza