Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Nun Click » Outros trámites
   
Outros trámites

« Atrás

Bonos de alimentos

Prestación en especie na que a través dun lote de alimentos pechado, que se entrega, temporalmente, de forma mensual, pretende axudar a aquelas unidades familiares desfavorecidas a cubrir as súas necesidades básicas de alimentación.

Os bonos de alimentos clasificaranse nas modalidades que a continuación se relacionan, dependendo do número de persoas que integran a unidade familiar:

  • Bono A: dirixidos a aquelas unidades familiares de mais de tres membros.
  • Bono B: dirixidos a aquelas unidades familiares de tres ou menos membros.
  • Bono lactantes: dirixidos a aquelas unidades familiares que teñan menores ao seu cargo con idades comprendidas entre 0 e 3 anos ou ben menores que pola súa enfermidade precisen dalgún dos produtos que contén o dito bono.

Destinatarios

Todas aquelas persoas ou unidades familiares, que reúnan os seguintes requisitos:

  • Levar máis de catro meses empadroados no Concello de Oleiros, agás en situacións excepcionais .
  • Atoparse nunha situación de necesidade acreditada documentalmente.
  • Non superar o límite de ingresos establecido no regulamento municipal.
  • Non ter débedas na Facenda Local.
  • Presentar a solicitude no modelo normalizado.

Documentación

  • Fotocopia do documento de identidade, permiso de residencia ou pasaporte (no caso de non ter ningún dos dous primeiros) de todos os membros da unidade familiar.
  • Fotocopia do libro de familia ou documento análogo no suposto de non telo (acta ou partida de nacemento).
  • Xustificación da situación económica de todos os maiores de 18 anos da unidade   familiar:
    • Se está en situación de desemprego (fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e certificado do Instituto Nacional de Empleo no que se recolla se percibe ou non prestación ou subsidio por desemprego) Se realiza algunha actividade laboral sen asegurar deberá achegar unha declaración responsable dos ingresos que ten mensuais pola dita actividade. Se estivo en activo nos seis últimos meses deberá presentar as nóminas xustificativas dos ingresos percibidos pola súa actividade laboral nese periodo.
    • Se está en activo (copia das seis últimas nóminas) .
    • No suposto de que pola súa situación administrativa algunha persoa non poida presentar ningún destes documentos deberá achegar unha declaración xurada no que indique se realiza algunha actividade ou non e cales son os seus ingresos.
  • Copia do contrato de aluguer ou o último recibo do IBI, así como o último xustificante do pago do aluguer ou da hipoteca de ser o caso.
  • Calquera outra documentación que se valore necesaria para poder valorar a situación de necesidade por parte do persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, como por exemplo declaración do IRPF, extracto das contas bancarias...

Como realizar o trámite?

As persoas interesadas poderán solicitalo directamente no Rexistro Municipal do Concello de Oleiros, en horario de 08:30 ás 13:00 horas de luns a venres, a través do modelo normalizado de solicitude de bonos de alimentos.

Posteriormente o/a traballador/a social se poñerá en contacto telefónico coa persoa interesada para realizar a visita domiciliaria e manter unha entrevista no seu propio domicilio.

Posteriormente se lle comunicará se a súa solicitude foi concedida ou denegada. No primiero caso se lle indicaría o procedemento para facer efectiva a dita axuda.

Custos

Gratuito.

Impresos relacionados

Destacados

Solicitudes de casas municipais

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Solicitudes de casas municipais

Ocioleiros

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Ocioleiros

Plan Xeral

Vivir en Oleiros

Plan Xeral

Liña directa co alcalde

Predición marítima do S.M.E.

Liña directa co alcalde

Vivir en Oleiros

Empresas para rozas de soares

Vivir en Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza