Xa está á súa disposición o novo rueiro municipal do Concello de Oleiros. Preto de 1.000 localizacións, entre rúas, prazas e camiños, aparecen relacionadas por orde alfabética nas máis de oitenta páxinas que conforman a actual edición dunha guía elaborada para ofrecer información pública de grande interese para os veciños e as veciñas de Oleiros aínda que moi especialmente para aquelas empresas e particulares que, por diferentes motivos, transitan de cotío polo termo municipal.
Todas as rúas e prazas aparecen coas súas correspondentes coordenadas e co número de plano parcelado onde se sitúan, o que facilita o seu uso e comprensión por parte de calquera persoa usuaria.
Ademais do glosario de rúas, esta nova edición municipal contén un apartado dedicado á información xeral no que se detallan os enderezos e os teléfonos de interese de todas as dependencias da Administración local, así como centros cívicos e casas do pobo, monumentos, paseos, centros sanitarios e un longo etcétera de lugares para pór ao alcance da cidadanía os servizos e as infraestruturas habilitadas para o seu uso e o seu gozo.
Acceso ao rueiro online
Descargar Guía Rueiro (PDF/25Mb)
Descargar Guía Rueiro (ZIP/21Mb)