Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Localiza » Paraxes turísticos » Parques
   

Parques

     
« Atrás

Parque José Martí

En Santa Cristina, á beira da praia, atopamos este parque dotado de áreas de xogos para nenos, amplos e fermosos paseos axardinados e zonas de descanso... que farán o gozo de todos. Destaca a fonte monumental coñecida como "Domen de auga"

Parque Luis Seoane

En pleno centro de Santa Cruz e preto da praia, do Castelo, dos comercios e da hostalería, este espazo verde ofrécenos zonas de descanso e distracción, unha área de xogos infantís, un estanque de parrulos... Nel celébrase tódolos veráns "Alfaroleiros" unha feira de oleiría á que acoden artesáns de diversos puntos da península.

Parque Nirvana

No paseo costeiro entre Perillo e a praia de Bastiagueiro, unha parada neste parque permitiranos disfrutar dunha fermosa paisaxe.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza