Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada-old » O Concello old » Concellería de Obras públicas e Servizos
 
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 7 agosto 2020

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libroshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1505868&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Xuvenil:
"Ninfa rota" de Alfredo Gómez Cerdá. En Anaya.
XVI Premio Anaya de Literatura Xuvenil, 2019
Unha obra de narrativa que fala de adolescentes e trata sobre un amor insano, o machismo, a violencia, pero tamén da amizade e a sinceridade.
Marina, a protagonista, conta en primeira persoa como namorou de Eugenio e como viviu esa relación. É o mozo co que saíu e que pouco a pouco lle foi impoñendo a súa vontade. Ela confunde esas imposicións machistas con arrebatos de namorado e pensa que o amor esixe renuncias dunha mesma...
De repente, todo empeora a causa da ruptura da relación. Mariña ponse mal, ten pesadelos, non pode durmir... Os pais están preocupados. Pensaban que o sabían todo sobre a súa filla, pero chega un momento en que non comprenden o que lle sucede. Vai a un psicólogo que, como parte da terapia para recuperarse, lle recomenda que escriba sobre o que aconteceu. Ela non cre que isto vaia solucionar o seu problema, pero comeza a escribir o caderno no que nos conta o sucedido.
Estamos ante un libro conmovedor, incisivo, dirixido a un público xuvenil, a partir de 14 anos aproximadamente, que nos fala de imposicións nas relacións de parella, de violencia e que persegue mostrar a súa complexidade desde o punto de vista da vítima e como é difícil recuperarse dunha relación tóxica.

- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1129003&query_desc=tregua"La tregua" de Mario Benedetti. Editado por Cátedra.
Este ano conmemórase o centenario do nacemento de Mario Benedetti (en concreto o 14 de setembro fará os 100 anos), por este motivo, na Biblioteca Central Rialeda montouse unha mostra bibliográfica coas súas obras principais e hoxe facemos esta recomendación. 
"La tregua" é unha fermosa novela, publicada por primeira vez en 1960, curta pero intensa, escrita en forma de diario.
É o diario persoal de Martín Santomé, un home de case 50 anos, viúvo, con tres fill@s maiores, que traballa levando a contabilidade nunha empresa, e que a punto de xubilarse volve a atopar o amor o que lle dá un novo sentido a todo...
Os  grandes temas que trata son a súa vida e o tempo. Un tempo humano e vital, que é un gran baleiro cuberto nun momento dado por unha etapa de amor, de aí o título do libro “a tregua”, como unha interrupción temporal dese baleiro.
Fálanos do paso do tempo e de deixar atrás os soños. Segundo vai narrando pensa no que fará cando estea xubilado e non teña as preocupacións do traballo, pero tamén conta os acontecementos diarios, o que lle pasa na empresa, as relacións c@s fill@s. Asistimos a unha vida de rutina ata que de repente aparece o amor que o cambia todo...
Paralelamente tamén presenta outras temáticas como a vida na cidade, unha preocupación social polo país, a soidade, a incomunicación, o amor, a relación entre as distintas xeracións, a felicidade e a morte.
Foi adaptada ao teatro, á televisión e ao cine e tamén ten unha versión radiofónica. O autor mostrouse moi satisfeito coa adaptación para TV, pero non coa cinematográfica.
Unha triste e fermosa obra moi ben escrita. Cando acabas de lela deixa unha sensación de tristeza, pero ao mesmo tempo de benestar polo excelente libro que acabas de ler.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza