Notificación por comparecencia da providencia de contrinximento
BOE número 277 de 16 de novembro de 2018
Notificación último aviso previo ao embargo BOE 245 de 10/10/2018
Notificación por comparecencia providencia de constrinximento
BOE 241 de 5/10/2018 Incumprimento de prazos dos fraccionamentos de pagamento de débedas
Programa de vixiancia e control da avespa velutina en Galicia
Instrucciones para la construcción de trampas artesanales para la captura de avispas velutinas.
O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.
A candidatura a Reserva da Biosfera ¿Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo¿ foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural ¿Mariñas-Betanzos¿, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio. A aprobación definitiva desta Reserva da Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013. A Reserva da Biosfera ¿Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo¿ abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña. Municipios que conforman a Reserva da Biosfera ¿Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo¿: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes.