Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada-old » O Concello old » Concellería de Benestar social e Sanidade
 
NOVAS

« Atrás

O SNL entrega este domingo os premios do Premio Literario Descubrindo Oleiros

Este domingo 23 de febreiro, a partir das 12.00 h entregaranse os premios do VI Premio Literario Descubrindo Oleiros no Teatro das Torres, en Santa Cruz. Este acto que pretende homenaxear tamén a Rosalía de Castro, que ao día seguinte se cumpren 183 anos do seu nacemento, comezará cunha contada de Caxoto, Carteiro en bicicleta, centrada na autora de Cantares Gallegos e outros escritores e escritoras homenaxeadas nas Letras Galegas, para dar paso á entrega de premios e lectura dos textos gañadores.

Este ano, as persoas galardoadas serán Kyra Saavedra Escalante, de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo conto A gata Ágata; de María González Blanco, de 4º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo texto As sete aventuras; Inés Santiago García, de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane polo conto O carballo e a cadela Pepa; Pablo Rodríguez Gagino, de 6º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo relato O xardín encantado; Andrea González López, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas, polo o texto Noutra vida; Elena Fernández Vázquez, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas polo texto Un día máis en Oleiros.

Este premio está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, e desde os seus inicios tivo dous obxectivos principais: fomentar a lingua e dar a coñecer o municipio. Dous obxectivos cumpridos como se reflicten nos textos participantes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza