Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Servizo Municipal de Emerxencias funciona de forma presencial as 24 horas, os 365 días

 Oleiros, 8 de abril de 2021-. O Concello de Oleiros mellorou o Servizo Municipal de Emerxencias para continuar atendendo incidencias no municipio nun prazo de tempo moi reducido. Ata o de agora, o servizo era presencial de 8.00 a 22.00 horas e en dispoñibilidade de 22.00 a 8.00 horas. Desde o 1 de abril funciona de forma presencial as 24 horas os 365 días do ano.

O Concello de Oleiros mellorou este importante servizo público co fin de continuar atendendo todas as urxencias que se presenten no municipio dunha forma aínda máis áxil e eficaz, sen ter que agardar polos bombeiros do parque comarcal que lle corresponde a Oleiros e que está situado en Arteixo. Nos desprazamentos pérdese un tempo moi valioso que pode resultar decisivo para atender danos persoais e materiais.
 
Coa presencialidade do servizo as 24 horas, calquera incidencia que se comunique poderá ser atendida nun menor prazo de tempo. Un total de 10 axentes forman o Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros, situado no polígono de Iñás e dotado de todo tipo de material e vehículos para atender accidentes, incendios, rescates no mar, inundacións, buscas de persoas desaparecidas, cortes de estradas, caídas de árbores... 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza