Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello procede á demolición das ruínas de Casa Carnicero para garantir a seguridade cidadá

 Oleiros, 4 de xaneiro de 2020-. Casa Carnicero, ao igual que outros edificios relevantes e históricos do municipio, foi protexida urbanisticamente polo Goberno municipal a través do Plan Xeral, mediante o que se catalogaron numerosos edificios para garantir a súa conservación ante o seu elevado valor patrimonial. Dada a importancia que o Goberno municipal lle outorga á historia e á arquitectura foise máis alá desa protección, procedendo a incorporar ao patrimonio público municipal 19 deses edificios catalogados no Plan que eran propiedade privada. Mediante un arduo traballo de xestión, rescatáronse e adquiríronse a través de diversas fórmulas os inmobles máis singulares do municipio, que hoxe son do Concello de Oleiros e prestan servizo aos cidadáns:

- Castelo de Santa Cruz, propiedade do Exército, hoxe é o CEIDA.
- A Fábrica, converteuse en centro cultural e deportivo. 
- Pazo de Arenaza, cedido á Deputación para centro de traballo compartido.
- Villa Rialeda, biblioteca central do Concello. 
- Casa Echeverry, hoxe é un centro social para persoas maiores e tamén para reunións de mozos e mozas
- Pazo de Lóngora, cedido á Universidade da Coruña para instituto do medio ambiente.
- Pazo de Juana de Vega, actual escola de xardinaría e viveiro municipal. 
- Casa Charry, salón de plenos e sala de exposicións. 
- Casa do Arxentino, hoxe é un restaurante-hotel municipal.
- Casa do fareiro de Mera, actual Aula do mar. 
- Casa da Finca Tenreiro, futuro albergue xuvenil.
- Torreón Bescansa, rehabilitado interior e exteriormente.
- Casa Labarta, escola pública infantil.
- Casa de García de Dios, parque e oficinas municipais. 
- Ruínas do Pazo Ibarrola, parque público. 
- Convento dos Camilos, centro de formación. 
- Castro de Xaz, propiedade privada que actualmente é do Concello para a súa futura recuperación.
- Torres de Santa Cruz, centro cultural, biblioteca e museo. 
- Casa de Agramar, casa para o uso dos mozos e mozas.
 
Ademais, malia ser propiedades da Igrexa, o Concello tamén financiou integramente a reconstrución pedra a pedra da Igrexa de Dexo; a rehabilitación da Capela de Santa Ana; e cofinanciou a recuperación da Igrexa de Liáns.
No caso concreto de Casa Carnicero, o Concello de Oleiros demandoulle aos seus propietarios a restauración do edificio. Debido a diversos problemas familiares, económicos e xudiciais non puideron realizar esa rehabilitación, acadando un acordo co Concello mediante o cal entregaban gratuitamente a propiedade ao Concello, que pasaría a restaurala e incorporala ao patrimonio público. Antes da sinatura das correspondentes escrituras, o edificio ardeu o pasado xullo nun incendio provocado presuntamente por persoas que estaban a ocupar este inmoble ilegalmente, quedando irrecuperable.
 
Recentemente, os últimos temporais tiraron outra das paredes do que quedaba de edificio. Por unha cuestión de seguridade cidadá, atendendo aos respectivos informes técnicos, o Concello procedeu o pasado día 31 á demolición das ruínas de Casa Carnicero, para evitar a inminente caída de cascotes ou da parede ao completo sobre a beirarrúa e a N-VI, o que podería provocar unha gravísima desgraza humana. Por lei, o Concello de Oleiros ten a responsabilidade e a obriga de garantir a seguridade cidadá e actuar con urxencia en casos coma este.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza