Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As obras de renovación da rede de auga provocarán desviacións do tráfico entre As Pedreiras e Oleiros

Oleiros, 6 de xuño de 2020-. O vindeiro luns, con motivo das obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga na avenida Francisca Herrera, produciranse desviacións na circulación. Os vehículos que circulen en dirección Sada pola estrada xeral que conecta Perillo, Montrove e Oleiros, deberán desviarse na rotonda das Pedreiras cara o Carballo, coller a avenida Miguel Hernández e incorporarse novamente á estrada a través da rotonda das olas, na Pezoca.

O desvío estará debidamente sinalizado. No caso dos vehículos que circulen desde Oleiros en dirección Perillo poderán transitar con normalidade pola avenida Francisca Herrera.
 
Está previsto que este corte poida prolongarse unhas 2 semanas, pero dependerá do avance das obras.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza