Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello reforzará as axudas para a escolarización dos nenos e nenas de familias en dificultades económicas

Oleiros, 29 de maio de 2020-. Ademais dos máis de 60.000 euros cos que se sufragan integramente os gastos do comedor escolar dos nenos e nenas con familias en situación de vulnerabilidade, o Concello de Oleiros incrementará a axuda que se viña prestando a estas familias a través das subvencións de apoio á escolarización para cubrir os gastos do inicio do curso académico: libros, material escolar, roupa, soportes informáticos...

Para o curso 2020/2021, ademais de incrementar os fondos, o que ata o de agora eran as prestacións de apoio á escolarización pasarán a formar parte das axudas de Emerxencia Social. Con este cambio preténdese atender de forma personalizada e individualizada cada situación familiar, conseguindo desta forma complementar as axudas doutras administracións e non duplicalas.
 
O Concello de Oleiros informará a través dos distintos medios de comunicación municipais da apertura do prazo de solicitude con suficiente antelación. Para calquera información adicional é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade ou chamar ao teléfono de atención ao veciño (981 610 000).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza