Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello entrega 19.559 kg de comida a 290 familias en situación de vulnerabilidade

Oleiros, 20 de marzo de 2020-. En Oleiros hai 290 familias -730 persoas- en situación de emerxencia social e que xa estaban a contar coa axuda do Concello desde antes desta crise. A pesar do Estado de alarma, este mes estanse a repartir 19.559 kg de diferentes alimentos de primeira necesidade entre as persoas que os precisan.

As entregas estanse a realizar suficientemente separadas en espazo e tempo, para reducir o risco de contaxios. Tamén se fan reparticións nos domicilios cando existen problemas para desprazarse ata as dependencias municipais.
 
En canto ao Servizo de Axuda no Fogar, déronse de baixa desde o luns 41 persoas usuarias. A situación de confinamento fai que as persoas maiores que antes estaban máis tempo soas se atopen acompañadas dos seus familiares. O Concello atende a través deste servizo a máis de 200 persoas maiores e dependentes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza