Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros mantén a atención telefónica e telemática en todos os departamentos

Oleiros, 17 de marzo de 2020-. O Concello de Oleiros lembra ao conxunto da cidadanía que as instalacións de titularidade municipal continúan pechadas. A atención aos veciños e veciñas está a prestarse a través dos teléfonos ou mediante medios telemáticos.

Para realizar calquera xestión co Concello de Oleiros o teléfono de atención aos cidadáns é o 981 610 000. Tamén é posible dirixirse directamente ás distintas áreas a través das seguintes extensións: Servizos Sociais e Igualdade (3500), Servizos Municipais (4501), Orde Público (1274), Recadación (2807), Alcaldía (1213), Ensino e Xuventude (4903), Formación e Emprego (4602), Comunicación (1215), Obras Públicas (2207), Recursos Humanos (1143), Cultura (4915), Deportes (4906), Bibliotecas (4701), Novas Tecnoloxías (2301) e Normalización Lingüística (4905).
 
Tamén é posible realizar numerosos trámites a través da Sede Electrónica. Na web municipal están dispoñibles os correos electrónicos de todos os departamentos municipais.
 
O Concello de Oleiros solicita a toda a cidadanía que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación.
 
É extremadamente importante lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900 400 116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza