Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros decreta o peche de todas as instalacións deportivas e das bibliotecas dúas semanas

Oleiros, 13 de marzo de 2020-. Seguindo as recomendacións da Consellería e do Ministerio de Sanidade, o Concello decidiu pechar dúas semanas todas as instalacións deportivas de titularidade municipal e as bibliotecas –haberá atención telemática e posibilidade de consultas vía telefónica-. Esta é unha medida preventiva para evitar posibles contaxios.

Ademais, tal e como se anunciou onte, van ser aprazadas ata o 31 de marzo todos os actos públicos organizados polo Concello de Oleiros así como as actividades e programas municipais dirixidos ao público en xeral, que non teñan carácter asistencial básico. Igualmente están clausuradas as aulas da terceira idade.
 
O Concello de Oleiros tamén vai restrinxir a atención ao público. As consultas deberán realizarse por vía telemática ou telefónica. Unicamente poderá atenderse de xeito presencial aqueles casos que razoadamente poidan ser considerados de urxencia e previa petición de cita pola persoa interesada. O rexistro municipal permanecerá aberto, se ben deberá salvagardarse unha distancia mínima de seguridade de metro e medio. 
 
Para realizar calquera xestión co Concello de Oleiros o teléfono de atención aos cidadáns é o 981610000. Tamén é posible realizar numerosos trámites a través da Sede Electrónica. Na web municipal están dispoñibles os correos electrónicos de todos os departamentos municipais.
 
Estas medidas ou outras que se puideran adoptar ante esta situación, están determinadas polas instrucións das autoridades competentes nesta materia. O Concello de Oleiros está supeditado ás directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia.
 
O Concello de Oleiros lembra a todos os cidadáns a importancia de lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza